Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega 2 | Código | 613G02014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba mixta | Instrumento de avaliación dos contidos focados nas "Sesións maxistrais". |
Traballos tutelados | Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado. |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. A avaliación será feita a través dunha "Proba mixta" en que se avaliará a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado durante esas sesións na sala de aulas. Esta proba estará focada para a realización de actividades teórico-prácticas e para análises específicas de textos escritos ou de calquera outro material utilizado ao longo das sesións presenciais. |
Recensión bilbiográfica | Esta metodoloxía deriva da "Lectura" contemplada na estrutura dos "Seminarios" realizados ao longo do cuadrimestre. Igual que o resto de materiais, será dispoñibilizada unha listaxe de lecturas para o conxunto da aula a través da plataforma Moodle. |
Seminario | Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia. Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións: 1. Un TRABALLO TUTELADO, elaborado empregando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa" e do cal poderá derivarse algunha presentación oral. 2. Unha LECTURA, seleccionada dunha listaxe fornecida polo profesorado, e a súa correspondente RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA invididual, que terá que ser realizada de acordo cos modelos e cos parámetros proporcionados polo/a docente e que despois deberá ser dispoñibilizada para o conxunto do grupo a través de Moodle. 3. Cada alumno/a poderá ter de presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do "Traballo tutelado" realizado. Durante esa eventual presentación oral, o alumnado terá de empregar os recursos tecnolóxicos precisos para o efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, das destrezas e das competencias abordados durante o curso. |
Lecturas | Tarefa integrada nos traballos propios dos "Seminarios". |
Obradoiro | Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas "Sesións maxistrais", así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Estudo de casos | Esta metodoloxía intégrase no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros". |