Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 4 | Código | 613G02019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
-ESCRIBIR |
Qué é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro, linguaxe formal e informal, connotación e denotación, post-estruturalismo e oposición binaria, puntuación, parágrafo, conectores, o ensaio (ex. argumentativo e de investigación), título, introdución, (hipó)tesis vs. tema, corpo, conclusión, fontes de información (web e imprimidas), lista de obras citadas, citas no corpo do texto, plaxio, notas ao pé e ao final, etc. Ao longo do curso, aprenderedes a escribir textos diferentes tales como a carta de motivación, o CV profesional e o ensaio de tipo MLA. Este último será obxecto do exame final. |
-LER |
Qué é ler críticamente? Diferentes niveis de comprensión dun texto, gramática, vocabulario, estrutura, figuras retóricas, historia e trama, temas, caracterización, inferencia, dedución, análise, alcance e repercusión, significado e interpretación, conclusións, etc. Leremos e discutiremos sobre documentos diversos. Dous dos devanditos documentos formarán parte da comprensión lectora no exame final. |
-FALAR |
Como facer unha presentación oral, participar nun debate e comportarse nunha entrevista de traballo. Tipos de discursos; consellos para loitar contra o medo escénico; uso de pausas, entoación e ritmo na oralidade; linguaxe corporal; cohesión e coherencia; convencer e persuadir. Cada estudante deberá vir á clase preparada/o para responder oralmente o material de lectura asignado para ese día, así como para participar nos debates e resto de actividades. |
-ESCOITAR |
Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática e o vocabulario vistos na clase. As/os estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba audio-oral. En clase practicaredes a escoita da lingua inglesa. Escoitar, á parte de ser necesario para a comprensión, tamén é un acto ético e espérase que o alumnado practique a ética. |
-GRAMÁTICA |
Repaso e consolidación tanto do uso das palabras como de estruturas gramaticais importantes. Conectores e outros elementos de cohesión textual. Tempos verbais: o seu uso correcto e consistente. Oracións subordinadas relativas (ex. con preposicións) e adverbiais. O acordo e orde das palabras. Distinguir entre tipos de palabras e de frases: adxectivos vs. adverbios, conxuncións vs. preposicións e frases preposicionales vs. frases adverbiais. |
-VOCABULARIO |
Expansión do vocabulario, con especial atención ás expresións idiomáticas, os falsos cognados, os verbos compostos e a linguaxe formal. Temas: atopar traballo e describir habilidades profesionais; debater sobre temas de actualidade tanto lingüísticos (ex. a linguaxe [non] sexista, o [non] uso dos marcadores de xénero) como sociais (emocións, xénero, sexualidade, diversidade e medio ambiente, entre outros). |