Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 4 | Código | 613G02019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta breve | A9 C2 | Ao longo do cuadrimestre, faredes uns TESTS que avaliarán a continuidade con que adquirides os coñecementos teóricos e a vosa capacidade para levalos á práctica. As datas dos devanditos tests serán anunciadas ao comezo do cuadrimestre. | 20 |
Traballos tutelados | A6 A9 B1 B4 B8 B10 C2 | -CARTA DE MOTIVACIÓN (10%) -CV PROFESIONAL (10%) As pautas para facer os traballos explicaranse en clase, en Moodle e nas titorías do despacho. As datas de entrega serán anunciadas por adiantado. |
20 |
Presentación oral | A6 A9 B1 B3 B4 B6 B8 C2 C6 C7 | Consiste en facer un vídeo-proxecto, entre 3 e 10 persoas, presentando un anuncio ou infomercial para vender un producto ou método. O alumnado non poderá ler de ningún tipo de notas e terá que preparar o guión, gravar o vídeo e colgalo. O resto das pautas serán explicadas ao seu debido tempo. Esta actividade non é obrigatoria. |
10 |
Proba mixta | A6 A15 B6 B10 C2 | A proba incluirá as seguintes seccións: PRODUCIÓN ESCRITA seguindo a metodoloxía explicada na materia (20%), COMPRENSIÓN LECTORA dos denominados textos do exame (15%) e PROBA AUDIO-ORAL consistente nunha entrevista de traballo (15%). | 50 |
Observacións avaliación | |||
-Para aprobar esta materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UN dos TRABALLOS TUTELADOS, a PROBA DE RESPOSTA BREVE e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL. -Para a oportunidade de XULLO, haberá traballos tutelados, proba de resposta breve e probas de exame obligatorias ao igual que en xuño (o vídeo-proxecto opcional tamén terá OS MESMOS REQUISITOS). Nesta ocasión, cada estudante deberá realizar a(s) sección(s) que non superase na primeira oportunidade. -O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. -O estudiantado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase segundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo. -Para NON obter a cualificación de "Non presentado", a/o estudante debe asistir ao exame (mesmo se é só para escribir o seu nome) OU facer polo menos a metade do traballo puntuable. -As/os alumnas/os poden facer soamente UN traballo voluntario para subir ata un +0.5 a súa nota final. É dicir, podedes OU BEN participar nun concurso de talentos (falando en inglés) OU BEN escribir un ensaio sobre unha (ou as dúas) lecturas obrigatorias. Darase máis información na clase e vía Moodle. Obviamente, a porcentaxe extra engadirase á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5. IMPORTANTE: para poder facer o traballo voluntario é NECESARIO contactar coa coordinadora a principios de curso e seguir estritamente as pautas marcadas por ela. -Todos os traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos. -O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma. -Se a coordinadora o considera conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle. |