Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da Lingua Galega e Portuguesa | Código | 613G02020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A4 A9 A11 A21 A22 B3 B4 C1 C7 | Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. | 10 |
Obradoiro | A4 A9 A14 A16 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C4 | Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). | 20 |
Lecturas | A2 A4 A9 A11 A14 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C6 C7 | Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor: será avaliada a través das correspondentes recensións e/u comentarios críticos entregados. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. | 15 |
Proba mixta | A1 A2 A4 A19 A20 A23 A25 A26 A27 A28 B4 B5 | Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. | 40 |
Traballos tutelados | A2 A4 A9 A11 A14 A15 A24 B1 B2 B3 B5 B6 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 | Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica. Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliaciíon serán os mesmos que os de xullo. |