Obradoiro |
Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral. |
Proba mixta |
Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades de carácter ensaístico, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.). |