Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Portuguesa 1 | Código | 613G02022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 | Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final. Terase en conta especialmente a aprendizaxe colaborativa. |
20 |
Proba obxectiva | A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 B1 B3 B5 B6 B7 C2 | O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. | 50 |
Discusión dirixida | A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 | As intervencións orais de cada estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10% da nota final. | 10 |
Presentación oral | A8 A15 B3 B4 C2 | Cada alumno ou alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. | 20 |
Observacións avaliación | |||
OBSERVACIÓNS 1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba obxectiva deberá obter como mínimo 5 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 3. O alumnado con matrícula parcial e / ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; porén, a parte correspondente á discusión dirixida realizarase na data marcada para a presentación oral. Se este alumnado non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. 5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba obxectiva. 6. O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e traballos tutelados (30 %). 7. Os traballos |