Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, entre outras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC ou o estudo de casos. |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. |