| Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
| Asignatura | Literatura Galega Contemporánea 1 | Código | 613G02024 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Discusión dirixida | Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán. |
| Lecturas | Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información. Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
| Sesión maxistral | Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño. |
| Presentación oral | Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora |
| Proba mixta | Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. |
| Eventos científicos e/ou divulgativos | Asistencia a algún dos eventos científicos e divulgativos indicados pola profesora. |
| Traballos tutelados | Realización dun traballo tutorizado pola profesora segundo as indicacións que se proporcionarán no inicio do cuadrimestre. |
| Análise de fontes documentais | Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos. |