Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega e Sociedade | Código | 613G02025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A1 A9 A11 A14 A15 A25 B1 B3 B6 B7 B8 | Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. | 10 |
Lecturas | A2 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C8 | Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. Serán avaliadas tanto nas actividades do Obradoiro como na proba mixta. | 10 |
Obradoiro | A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B6 B7 B9 C4 C6 | Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). | 10 |
Traballos tutelados | A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C7 C8 | Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). | 20 |
Proba mixta | A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 | Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, as lecturas, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. | 50 |
Observacións avaliación | |||
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 3 valores, absorbendo así o "Obradoiro". Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo. 5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral"); c) o alumno ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación oral"). |