Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Edición e Comentario dos Textos Galegos e Portugueses | Código | 613G02028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións de traballo en que o profesorado explica os contidos teóricos e procedementais fundamentais para que o alumnado poda atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro | Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Contémplanse, entre outras, a realización de prácticas ecdóticas e de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC e estudos de casos. |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado. No paso 8 desta Guía, atópase a referencia da obra de lectura obrigada. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio de curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes de diverso tipo. |
Proba mixta | Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico, de edición e comentario etc. |