Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Discusión dirixida |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
Nos traballos tutelados, o profesor informará sobre a metodoloxía a empregar, dará unha orientación bibliográfica xeral que será completada polo aluno a través dun traballo de prospección, e fará un seguimento do traballo. A tal fin, marcará un cronograma de comparecencias periódicas do aluno para ser cumprido obrigatoriamente por este.
Na proba obxectiva, o profesor deberá resolver as dúbidas que poda levantar a formulación das perguntas e, en xeral, esclarecer calquera cuestión relativa à materia obxecto de exame. Tamén deberá aclarar a modalidade de exame a realizar e a correspondente valorización das perguntas.
No caso da discusión dirixida, haberá que seleccionar o tema a debate. Os alunos deberán preparalo a partir da bibliografía recomendada e caberá ao profesor fixar as pautas metodolóxicas precisas para encaminhar a discusión. |
|