Discusión dirixida |
B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 |
Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propria coa dos compañeiros da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. |
15 |
Proba obxectiva |
A19 B1 B3 B5 B7 C1 |
Será avaliada a exposición realizada polo aluno consonte a criterios de articulación da exposición e adecuación ás cuestións formuladas. |
40 |
1. Serán avaliados os alunos/as que asistiren á proba obxectiva e tiveren apresentado a recensión e máis o traballo tutelado. Onde non, serán considerados como non presentados.
2. Será requisito imprescindíbel para aprobar a disciplina, superar a proba obxectiva. Caso da suma das cualificacións do conjunto das actividades ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous (sobre 4) na proba obxectiva, farase constar como cualificación final 4.9 implicando un suspenso na materia.
3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán umha diminución da nota.
4. Os alunos/as en situación de dispensa académica ou matrícula a tempo parcial deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado de metodoloxías.
5. Na "segunda oportunidade" de xullo e sucesivas (incluída a anticipada de decembro) serán avaliadas unicamente aquelas metodoloxías que non tiveren sido superadas na primeira oportunidade, conservándose para as restantes metodoloxías as cualificacións obtidas en xuño.
|