Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Normalización e Planificación da Lingua Galega | Código | 613G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O profesorado presentará e desenvolverá os contidos que integran o temario. Estas sesións servirán como base para o desenvolvemento das outras metodoloxías e estarán orientadas á consecución dos resultados de aprendizaxe previstos. |
Obradoiro | Serán propostas actividades prácticas de diferente tipo que permitan relacionar os contidos presentados nas sesións maxistrais coas outras metodoloxías desenvolvidas na materia. Estas actividades promoverán a reflexión teórica e metodolóxica e o pensamento crítico do alumnado. |
Presentación oral | Cada estudante seleccionará, de acordo co profesorado, unha acción de planificación lingüística relacionada cos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3, que explicará e analizará criticamente nunha das sesións presenciais. |
Traballos tutelados | Cada estudante deseñará unha proposta de planificación para a lingua galega, cuxo obxecto e orientación metodolóxica serán acordados previamente co profesorado en sesións de seguimento. O resultado será presentado e debatido nunha sesión conxunta final. |
Lecturas | O profesorado proporá a realización de lecturas obrigatorias e complementares ao longo do curso. Os seus contidos serán desenvolvidos e analizados criticamente a través de actividades prácticas de diferente tipo, como exercicios, comentarios e debates. |