Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Normalización e Planificación da Lingua Galega | Código | 613G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 | As lecturas farán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán de ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. O profesorado estabelecerá lecturas obrigatorias para cada tema e poderá exixir a elaboración de comentarios de análise crítica sobre elas. | 25 |
Presentación oral | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 | O/a estudante terá de explicar e analizar criticamente unha acción de planificación lingüística desenvolvida nos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3 dos contidos. | 25 |
Traballos tutelados | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 | Cada estudante terá de desenvolver unha proposta de planificación lingüística, cuxo obxecto e orientación metodolóxica requirirá o visto e prace do profesorado en sesións de seguimento. Os traballos serán presentados e debatidos nunha sesión conxunta final. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación global igual ou superior a 5 valores sobre 10, e deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10 no traballo tutelado. Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non entregaren o traballo tutelado e/ou non fixeren a presentación oral. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema da primeira oportunidade. De ser o caso, só deberá entregar aquelas actividades e traballos non realizados na primeira oportunidade ou que non atinxiron unha cualificación do 40% da nota máxima prevista para cada actividade ou traballo. O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado de acordo co mesmo sistema de avaliación que se aplica ao alumnado con matrícula ordinaria. As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente. Na convocatoria adiantada de decembro aplicarase o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade. O/a estudante deberá contactar o profesor antes de acabar o mes de novembro. As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente. Tanto a presentación oral como o resultado das lecturas e o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). |