Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | As Linguas Románicas | Código | 613G02034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A1 A10 A11 A12 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C3 | Valorarase a destreza na identificación nos textos dos trazos lingüísticos explicados nas clases. | 25 |
Proba mixta | A9 B5 B7 B8 C6 | Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. O caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá igualmente un mínimo de corrección. | 45 |
Sesión maxistral | A2 A7 A13 A23 A24 A25 A26 A27 A28 B5 B8 B10 C4 | Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas. | 10 |
Recensión bilbiográfica | A14 B3 B5 B7 B8 C6 | Valorarase a análise completa e a reflexión crítica sobre a(s) obra(s) lida(s), así como a corrección na expresión. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha reestruturación das porcentaxes sinaladas, substituíndo a correspondente á asistencia ás sesións maxistrais. O alumno levará a cualificación de NP se non realiza ningunha das actividades avaliables ou se só realiza unha, sempre que esta sexa a recensión ou a análise de fontes documentais. Se se presenta só a proba mixta, será avaliado. Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar todas as actividades propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5. Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas ou suspensas e acadar a puntuación requirida; se o carácter da proba non o permite, deberá levar a cabo outra actividade similar que será indicada pola profesora. O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras. |