| Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
| Asignatura | Literatura Galega Contemporánea 2 | Código | 613G02036 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Análise de fontes documentais | A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas. |
| Lecturas | O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas. |
| Proba mixta | Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
| Traballos tutelados | Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigatoria. O tema e dimensións serán acordados coa profesora na aula, nas horas de atendemento ou a través do correo laura.tato@udc.gal. |
| Actividades iniciais | Presentación e aprendizaxe de uso das plataformas dixitais da literatura galega contemporánea. |
| Discusión dirixida | Comentario colectivo realizado a partir dos textos literarios seleccionados pola profesora e que estarán a disposición do alumnado na plataforma Moodle. |
| Recensión bilbiográfica | Traballo individual realizado na aula sobre unha ou varias obras. |
| Seminario | Traballo en grupo reducido en torno ás obras de lectura e/ou textos seleccionados pola profesora. |
| Presentación oral | Comentario individual realizado na aula sobre un texto ou unha obra de lectura obrigada. |
| Sesión maxistral | Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso. |