Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega Contemporánea 2 | Código | 613G02036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 | O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. | 10 |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 | Os comentarios de textos que o alumnado realice na aula ou na casa poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. | 25 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 | Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
40 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 | Traballo individual sobre unha das lecturas obrigatorias. A sua temática debe ser comunicada á profesora e na aula serán dadas as explicacións pertinentes sobre as súas dimensións e o sistema de citación que debe ser empregado. | 25 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica deberá poñerse en contacto coa profesora (laura.tato@udc.gal) para fixar os traballos que debe presentar, ademais de realizar as lecturas e a proba mixta. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta" que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía. NON PRESENTADO/A Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue os traballos marcados ou non realice a proba escrita. OUTRAS PRECISIÓNS Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|