Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Variación no Espazo Galego-Portugués | Código | 613G02042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesión de traballo en que o profesor expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumnado adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística e os contidos teóricos fundamentais. |
Obradoiro | Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Contémplanse, entre outras, a realización de comentarios de textos, as prácticas a través de TIC ou estudos de casos. |
Lecturas | Cada estudante deberá obrigatoriamente ler durante o curso unha serie de textos, os cales serán seleccionados polo profesor. Nas aulas contémplanse diversas actividades relacionadas con estas lecturas: elaboración de fichas, debates, exposición dos contidos, etc. Algunha delas pode entrar na proba mixta. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escollido entre diversas propostas presentadas no inicio de curso sobre diferentes aspectos ou cuestións de variación lingüística. |
Proba mixta | Na proba mixta, cada estudante debe demostrar que ten asimilados os contidos a través dun exercicio que, entre outras posibilidades, combinará preguntas (longas e/ou breves) de carácter ensaístico con probas de comentario. |