Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Linguas e Tecnoloxías | Código | 613G02045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A14 B1 B2 C7 C8 | O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. | 70 |
Obradoiro | A11 B1 B2 B3 B6 B7 C3 | Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. | 7.5 |
Prácticas a través de TIC | A11 A15 B1 B2 B9 C4 C5 | O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibles na web. | 7.5 |
Proba mixta | A3 A14 B1 B3 B6 B7 | Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta múltiple. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Lea atentamente a información que segue. 1. O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. 2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual: 2.1) Un 70% obterase polos traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula. 2.2) Un 15% obterase da realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa. 2.3) Un 15% responderá a PROBA MIXTA que os estudantes realizarán ao remataren a materia e na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidade e participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 30% da súa nota final pola PROBA MIXTA e un 70% pola realización dos traballos tutelados. 3. CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES: SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. De suspender a materia en xaneiro por non acadar 5 puntos, o alumno deberá realizar as actividades sustitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade, así como a proba mixta final de xullo. Os Cualificación de NP. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas (xaneiro ou xullo) e que, ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou inferior ao 50% das actividades avaliables. |