Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais e das lecturas realizadas, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Lecturas |
O profesorado proporá a realización de diferentes lecturas ao longo do curso, de diferente tipoloxía. As lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos, e outros textos breves, teñen o obxectivo de complementar as sesións maxistrais, fomentar a reflexión crítica, o proceso de autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa. O profesorado fornecerá unha lista de obras ensaísticas e de ficción, da cal cada estudante deberá seleccionar dúas para o seu estudo monográfico. |
Traballos tutelados |
Cada alumno/a realizará un traballo tutelado elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Fai parte do traballo tutelado a correspondente presentación oral de procedementos e resultados.
Este traballo consiste nunha actividade individual ou en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía, vinculados de preferencia á lectura dalgunha das obras propostas. |