| Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
| Asignatura | Teatro en Lingua Galega e Portuguesa | Código | 613G02047 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Lecturas | No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras teatrais que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre. Alén destas, o docente fornecerá artigos e estudos especializados sobre os contidos tratados na materia. |
| Proba oral | Exposicións orais individuais, na aula, en que cada alumno/a exporá a análise e comentario dun texto dramático. A totalidade do grupo participará no diálogo posterior, demostrando a asimilación das lecturas por medio de comentarios retroalimentadores. |
| Obradoiro | Sesións de traballo na sala de aulas en que, coa guía do docente, os estudantes realizarán comentarios de encenacións e dramaturxias de textos representativos das últimas décadas dos teatros galego, portugués e brasileiro. Para alén do traballo na sala de aulas, o alumnado deberá realizar unha serie de visionados e lecturas complementares. |
| Eventos científicos e/ou divulgativos | O alumnado asistirá a un evento específico marcado polo docente nas primeiras sesións, ora unha representación teatral, ora unha palestra sobre teatro en lingua galega ou portuguesa. |
| Sesión maxistral | Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos. |