Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Irlandesa | Código | 613G03046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A6 B3 C2 | Pedirase aos estudantes que realicen unha proba (aínda que, segundo o calendario do ano concreto, podería haber, potencialmente, unha proba a metade de camiño, a outra na data oficial do exame final) na que os estudantes deben demostrar o seu dominio dos contidos e habilidades relacionadas coas clases, seminarios e grupos pequenos. Unha nota mínima de 4/10 é obrigatoria a partir de cada unha das probas para que a nota poida ser engadida á cualificación global xunto coas demais actividades. | 50 |
Seminario | A1 A6 A9 A10 A11 A17 B1 B4 B5 B8 C2 | Traballo desenvolvido nos seminarios ao longo do curso coa participación directa dos alumnos. Neste apartado avalíase a participación, a calidade da expresión oral e máis escrita en inglés, e o aproveitamento da asistencia. | 20 |
Traballos tutelados | A6 A16 B1 B2 B3 B8 B10 C3 C2 | Pediránse aos alumnos UN TRABALLO en inglés que non sobrepase as cinco-seis páxinas, sobre UNHA DAS lecturas realizadas NO APARTADO FINAL DO PROGRAMA (CONTEMPORÁNEOS) o a experiencia práctica nas clases. A xuizo do profesor, sempre dacordo cos estudantes, os traballos poderían ser sustituidos por outras actividades. No seu caso, se o decide o profesor, os ensaios e traballos escribiranse na aula no tempo de clase, aínda que esta circunstancia pode variar. Os traballos estarán sometidos a unha breve presentación oral, entre 15 e 20 minutos, de xeito individual, como os propios traballos. É necesaria ademáis a achega do texto físico, antes da presentación oral. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Na avaliación de xullo os estudantes presentarán un ensaio sobre os estudos teóricos e/ou os textos (50%) e pasarán un exame (50%). Na avaliación de xuño, os estudantes que non asistan ao exame durante o curso terán a cualificación de "non Presentado". Os alumnos que non se presenten ao exame escrito, en xullo ou xuño, recibirán a cualificación de NON PRESENTADO. Máis sobre os plaxios Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación. |