Introducción á inferencia estatística |
Introdución. Clasificación dos métodos de inferencia estatística: paramétrica e non paramétrica, clásica e. Conceptos xerais. Mostraxe en poboacións finitas: mostraxe aleatoria simple, mostraxe sistemática, mostraxe estratificada, mostraxe por conglomerados, mostraxe polietápica e mostraxe non aleatoria. |
Estimación por intervalos |
Introdución. Método pivotal. Intervalos de confianza para unha mostra: media, varianza e proporción. Intervalos de confianza para dúas mostras: diferenza de medias para mostras independentes e mostras apareadas, cociente de varianzas e diferenza de proporcións. Determinación do tamaño mostral. |
Contrastes de hipótese paramétricos |
Contrastes paramétricos dunha poboación normal: contrastes para a media con varianza coñecida, contrastes para a media con varianza descoñecida e contrastes para a varianza. Contrastes paramétricos de dúas poboacións normais: contrastes para a diferenza de medias con mostras independentes, contrastes para a diferenza de medias con mostras apareadas e contrastes para o cociente de varianzas. Contrastes para poboacións non normais e mostras grandes: contrastes para unha proporción e contrastes para a diferenza de dúas proporcións. Relación entre intervalos de confianza e contrastes de hipótese. Contrastes de hipótese paramétricos |