Prácticas a través de TIC |
A27 A28 B1 C3 |
A entrega das dúas primeiras iteracións é obrigatoria. A primeira iteración non leva asociada unha nota (pero a súa entrega é obrigatoria). Despois da corrección da segunda iteración, o profesor pon unha nota provisional ao alumno. Esta nota será definitiva se o alumno non presenta a terceira iteración. Se o alumno realiza algún dos traballos tutelados propostos, é posible presentar unha terceira iteración. Nesta terceira iteración, pódense corrixir os erros detectados polo profesor na segunda iteración e facer ou mellorar os traballos tutelados. O profesor volve a corrixir a práctica e os traballos tutelados e ponlles a nota definitiva. |
40 |
Para aprobar a materia é preciso obter: - Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
- Un mínimo 4,5 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
- Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,40*notaPractica + 0,40*notaExame + 0,20*notaTraballosTutelados.
Para os alumnos con matrícula a tempo parcial, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, o tamaño da práctica e os traballos tutelados será menor, sen que iso supoña un prexuízo na nota.
|