Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación e interpretación intercultural | Código | 615472209 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Presentación e comentario de textos asignados a cada estudante ou a grupos. Ao comentario e á discusión –coordinada polas profesoras– sumaranse voluntariamente os demáis alumnos e alumnas. No caso do estudantado que cursa a modalidade on-line, ou que se presenta á segunda oportunidade e/ou a convocatorias posteriores, a participación queda habilitada a través de comentarios introducidos na plataforma Moodle(*). A participación a distancia en directo dependerá da dispoñibilidade de recursos técnicos de gravación e retransmisión en directo. (*) A partir do curso 2016-2017 esta materia estará en proceso de extinción, polo que esta actividade non será obrigatoria. En todo caso, o alumnado matriculado na materia pode acudir ás horas de titoría do profesorado para resolver dúbidas: http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=tutorias |
Presentación oral | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. No caso do alumnado matriculado na modalidade on-line, ou que teña pendente aprobar a materia, garántense mecanismos que permitirán que este alumnado participe aproveitando dos soportes dixitais dispoñíbeis. |
Traballos tutelados | 1. Presentación do guión/rascuño do traballo final. 2. Desenvolvemento dun traballo final. Para o traballo final cabe a posibilidade de realizar un deseño dunha proposta de investigación hipotética en referencia a un fenómeno ou problemática de comunicación intercultural. Para o desenvolvemento do mesmo será necesaria a síntese crítica de documentos traballados na materia e doutros propostos por cada alumna/o. No caso das persoas que cursen o mestrado de forma non presencial, tras a entrega do correspondente traballo tutelado, realizarase unha titoría virtual na que se revisarán distintos aspectos do traballo co/a estudante en cuestión co obxecto de garantir a identidade da persoa que entrega dito traballo. |