Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais | Código | 615525008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Consta de dúas partes que serán titorizadas coordinadamente polas profesoras: 1.Deseño dunha proposta de investigación con estudo de caso aplicada á unha temática e/ou escenario específico. 2.Deseño dunha técnica cualitativa de recollida de datos, incluida no devandito deseño de estudo de caso, incluíndo a súa posta en práctica e a análise e interpretación do material empírico producido. O traballo será explicado na aula e se subirán as instrucións concretas sobre a súa realización á Moodle, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo. No caso de alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e/ou asistencia para o seguimento na realización deste traballo. Este alumnado poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (Skype ou correo electrónico) e deberá agruparse por parellas para desenvolver este traballo (véxanse excepcións no apartado de Recomendacións). |
Seminario | Asociado ao desenvolvemento dun seminario cualitativo realizarase unha actividade relacionada co seguimiento de procedementos básicos en Atlas.ti. Esta actividade deberá ser completada en parellas ou grupos de tres persoas e poderá finalizarse fóra das sesións. As instruccións para a resolución da actividade serán facilitadas nas sesións presenciais e a través dun documento escrito dispoñible na plataforma Moodle, coa fin de que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line. O alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (vía Skype ou correo electrónico). Esta actividade resolverase en parellas ou en grupos de tres persoas. |
Sesión maxistral | As profesoras introducirán os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida) e requerirán a revisión previa dos documentos (textuais, audiovisuais, etc.) obrigatorios que, xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma Moodle para o alumnado de ambas modalidades. |
Discusión dirixida | Nas sesións de aula, de modo paralelo á introducción temática por parte das profesoras, levaranse a cabo discusións dirixidas con base nos documentos obrigatorios (textuais, audiovisuais, etc.) e/ou outros considerados de interese polo alumnado ou as profesoras. Para o alumnado da modalidade on-line ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poranse a disposición os documentos a través de Moodle e faciltarase a súa participación no debate a través de foros virtuais. Nestes participará indistintamente alumnado de ambas modalidades. |