- Ao ser unha materia de carácter obrigatorio será cursada por todo o alumnado matriculado no mestrado. Os requisitos de acceso son os xerais de admisión no mestrado.
- O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá revisar
regularmente a plataforma Moodle e consultar os documentos obrigatorios.
- É obrigatorio resolver as actividades de modo razoado, apoiándose e argumentando con base nos documentos propios da materia e outros que podan ser
considerados de interese. Seguiranse de modo escrupuloso os requisitos establecidos na normativa APA (6ª edición), que de modo sintético aparecerán reflictidos en guías que as profesoras facilitarán ao alumnado ao inicio de curso.
- O uso inadecuado de citas e referencias
bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final ou a consideración de "suspenso". Deberán revisarse os contidos relativos á prevención do plaxio nas guías que serán facilitadas polas profesoras ao inicio do curso.
- A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoras e autores, propiciarase a intervención en clase de todo o alumnado, etc. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- No caso do alumnado presencial será obrigatorio crear parellas ou grupos de tres persoas para a resolución das actividades. Porén isto non implica que a cualificación de todas as persoas que compoñan o grupo sexa a mesma.
- No caso de alumnado on-line será obrigatorio crear parellas para a resolución de actividades. En situacións excepcionais, e previa aprobación das profesoras, poderá optarse pola realización do traballo de modo individual.
- Dado o carácter da materia, é necesaria a realización dun seguimento
regular das actividades encomendadas polo que o alumnado deberá xestionar o desenvolvemento de titorías durante o cuadrimestre.
|