Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Integración e convivencia intercultural | Código | 615525011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Destinada á exposición oral por parte da/s docente/s responsable/s na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais). |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Traballos tutelados | O alumnado desta materia participará no Grupo de Innovación Docente "Mapa das linguas na/da Coruña" (MaLinCo). O seu tarefa relacionada co traballo colectivo do GID será de deseñar unha acción social de sensibilización sobre a diversidade lingüística e cultural da cidade da Coruña. A materia avaliarase a través dunhas proposta de acción /ou investigación que conformará un traballo tutelado. A xustificación e el deseño da proposta versarán sobre o material tratado nas sesións maxistrais e discusións dirixidas. |
Discusión dirixida | Destinaranse sesións á introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción. Promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas. Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar. A discusión dirixida poderá desenvolverse de forma presencial (nas sesións de aula) ou virtual (foros). |