Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Historia das teorías feministas | Código | 615525017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
1.- Teoría feminista e teoría crítica. O paradigma feminista no pensamento filosófico e no pensamento social e político. O feminismo: tradición intelectual e movemento social. 2.- SÉCULO XVIII: Ilustración e Modernidade. Ilustración liberal e Ilustración radical. Ilustración patriarcal e Ilustración feminista. O paradigma da igualdade e a orixe da democracia moderna. O contrato sexual e a orixe do patriarcado contemporáneao. As obras de François Poullain de la Barre e de Mary Wollstonecraft. A vindicación feminista. 3.- SÉCULO XIX. O movemento sufraxista e a ampliación da democracia. A conquista de dereitos civís e políticos. O movemento feminista como movemento de masas. O voto en EE.UU. e Europa. John Stuart Mill e A suxeción da muller. O feminismo en América Latina. 4.- SÉCULO XX. O feminismo existencialista de Simone de Beauvoir: O segundo sexo. Unha proposta radical de igualdade. 5.- O feminismo liberal de Betty Friedan: A mística da feminidade. O feminismo reformista dos anos sesenta en EE.UU. 6.- O feminismo radical dos anos setenta: maio do sesenta e oito europeo e a nova esquerda estadounidense. A política sexual de Kate Millett e o concepto de patriarcado. A dialéctica do sexo de Shulamith Firestone. A tiranía da falta de estruturas do movemento feminista: Jo Freeman. O feminismo cultural: heterosexualidade obrigatoria e existencia lesbiana en Adrienne Rich. Os feminismos en América Latina. 7.- Os feminismos da diferenza: feminismo e psicoanálise en Francia. O pensamento da diferenza sexual da Libraría de Milán: Luisa Muraro. 8.- Feminismo e posmodernidade: a crise do suxeito político feminista. Aproximación á teoría queer: o pensamento de Judith Butler. 9.- Feminismo e multiculturalismo. Feminismos de cor: Gloria Anzaldúa e Cherry Moraga. “De vuelta a ‘Bajo los ojos de occidente’”, de Chandra Talpade Mohanty. Feminismo decolonial: Rita Segato. 10.- Feminismo e nacionalismo en Galicia. Entre a teoría e a política. 11.- Feminismo e marxismo. As primeiras marxistas e a “cuestión da muller”. As teorías do sistema dual. Marxismo e feminismos hoxe. Globalización, feminización da pobreza e capitalismo global. |