Discusión dirixida |
A15 A19 B1 B4 B14 B18 B21 C7 |
Valorarase a participación nas sesións de aula e nos foros virtuais, no que respecta a: a súa elaboración antes da data limite establecida, o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística. |
20 |
Traballos tutelados |
A20 B13 B19 B22 C3 C5 C6 |
Valorarase: calidade da descrición e grao de profundidade na análise das realidades e respostas políticas e sociais, calidade e viabilidade da proposta; apoio en fontes documentais complementarias e actuais; uso dunha linguaxe propia do contexto académico e científico; aspectos formais relativos á calidade da presentación. |
80 |