Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social. |
A2 |
CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión. |
A3 |
CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social. |
A4 |
CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social. |
A5 |
CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural. |
A6 |
CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social. |
A7 |
CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social. |
A8 |
CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación. |
A10 |
CEM2 - Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e unha problemática migratoria como obxecto de estudo e análise. |
A11 |
CEM3 - Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as teorías e os debates académicos actuais de maior relevancia sobre as dinámicas migratorias e os procesos de integración dos colectivos migrantes. |
A14 |
CEM6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito da análise das migracións internacionais e do traballo con colectivos migrantes. |
A15 |
CEG1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre a evolución histórica da discriminación das mulleres e dos marcos ideolóxicos e teóricos que xustifican e confrontan as desigualdades de xénero. |
A16 |
CEG2 - Dominar as ferramentas conceptuais e metodolóxicas para identificar e analizar os mecanismos de exclusión e a vulnerabilidade vinculados ás áncoras patriarcais do sistema social. |
A17 |
CEG3 - Aplicar a perspectiva de xénero como enfoque epistemolóxico e metodoloxía de investigación e de intervención sobre a realidade social. |
A18 |
CEG4 - Examinar contextos e situacións de violencia e discriminación de xénero e sexual desde unha perspectiva teórica complexa e comprometida. |
A19 |
CEG5 - Explicar os principios básicos que orientan os distintos tipos de políticas de igualdade desenvolvidos e as claves para avaliar a súa eficacia. |
A20 |
CEG6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do diagnóstico, o desenvolvemento e a xestión de políticas de igualdade de xénero. |
A21 |
CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades. |
A22 |
CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade. |
A23 |
CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión. |
A26 |
CEE6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do deseño, a xestión e a avaliación de políticas de intervención dirixidas á conciliación familiar e ás necesidades dos maiores. |
B1 |
CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social. |
B2 |
CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional. |
B3 |
CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados. |
B4 |
CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora. |
B5 |
CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas. |
B6 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B7 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B8 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B9 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B11 |
CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos. |
B12 |
CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma. |
B13 |
CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos. |
B14 |
CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa. |
B15 |
CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social. |
B18 |
CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais. |
B22 |
CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |