|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A21 |
CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades. |
| A22 |
CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade. |
| A23 |
CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión. |
| A24 |
CEE4 - Identificar situacións e procesos de segregación de colectivos vulnerables asociados ao avellentamento demográfico. |
| B1 |
CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social. |
| B2 |
CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional. |
| B3 |
CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados. |
| B14 |
CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa. |
| B19 |
CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social. |
| B20 |
CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas. |
| B21 |
CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión. |
| B22 |
CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social. |
| C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
| C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
| C7 |
CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |