Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo Final de Mestrado (TFM) | Código | 615525031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B17 B19 C3 C4 C5 C6 C7 | Realización dun traballo de investigación, no que se demostre o desenvolvemento das competencias, obxectivo da memoria final do máster. Isto é, que a memoria realizada e defendida reflicta os coñecementos adquiridos durante o período de formación, a capacidade do/a alumno/a para aplicar os devanditos coñecementos, a capacidade para fundamentar unha valoración propia e responsable, e o pensamento analítico e crítico dentro das temáticas do mestrado. |
80 |
Presentación oral | B1 B5 B9 B17 C6 | Exposición obrigatoria do Traballo de Fin de Máster. Será realizada polos estudantes en sesión pública e antes unha comisión ou tribunal formada polo profesorado do Master e designada pola Coordinación dos TFMs. O calendario de defensas, a composición dos tribunais e a organización e estrutura do acto público será comunicado desde a coordinación, unha vez establecido. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para ser avaliado/a do traballo fin de mestrado será necesario: 1) ter superados o resto de créditos do máster (materias e período práctico) 2) realizar a matrícula. 3) ter asignado un tema central ou título e un/a titor/a. O calendario de defensa pública e de convocatorias dispoñibles axústanse ás condicións que establece anualmente a Universidade da Coruña, para todas as titulacións de posgrao. O calendario e procedemento é común para o alumnado presencial e online. O alumnado online, que non poida acudir presencialmente o acto de defensa, deberá contactar coa coordinación para a súa presentación a través de ferramentas virtuais. As recomendacións para a súa elaboración e defensa, serán publicadas pola coordinación dos TFMs, a través das vías institucionais: Moodle e correo electrónico da UDC. Os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato. |