Estudo persoal: nada pode
suplir o tempo que o alumno necesita para pensar e entender os contidos.
Nesta materia non se require tanto un exercicio de memoria como un
traballo continuado que permita incorporar os coñecementos. Os alumnos deberán consultar semanalmente o Moodle,
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións. Nesta materia desenvolveranse actividades relacionadas coas
liñas de innovación docente ás que se adscribe o grupo de innovación
docente GIDCOM. |