Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 B2 B3 B4 B5 B6 B7 Os grupos de alumnos terán que desenvolver un traballo. Preténdese fomentar o traballo colaborativo e en grupo dos alumnos. Este traballo recibirá apoio por parte do docente tanto nas tutorias de grupo como na atención personalizada.
A nota da parte práctica mantense para a segunda oportunidade. Non é necesario que teña que facer de novo a parte práctica.
30
Presentación oral B6 B7 C2 C4 Cada grupo deberá expor o traballo práctico de maneira oral. Na exposición deberán participar todos os integrantes do grupo e os profesores poderán formular cantas preguntas aclaratorias estimen oportunas. A exposición apoiarase en presentacións audiovisuais e/ou en transparencias. Durante a presentación do traballo o alumnado non poderá ler ningún tipo de documento. Previamente á exposición, cada grupo enviará aos profesores, en formato pdf, tanto o traballo como a presentación e, no seu caso, os documentos anexos que se consideren. 10
Proba de resposta múltiple A6 A9 A10 A11 B1 B2 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación minima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.

A asistencia a clase outorgará un plus máximo de 0,5 puntos que se aplicará sobre a cualificación da proba de resposta múltiple, sempre que a cualificación desta sexa como mínimo de 4,5 puntos sobre 10. Será necesario para iso ter polo menos un 85% de asistencia ás clases presenciais.

No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 60%.


60
 
Observacións avaliación

Condicións da realización da avaliación final:

Está
prohibido acceder á aula do examen con calquer dispositivo que permita a
comunicación có exterior e/ou almacenamento de información.

Segunda Oportunidade:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primerira oportunidade.

Convocatoria adiantada:

No
caso de que o alumno solicitase a convocatoria adiantada, éste será
avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde
as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple
establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A
ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.


Calificación de non presentado:

Corresponde ao alumno, cando so
participe de actividades de avaluación que tiñan una ponderación
inferior a o 20% sobre a calificación final, con independencia da
calificación alcanzada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxetiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.