Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado terá que formular un proxecto web individual como traballo da materia. Como parte dos traballos tutelados, o alumnado fará un seguimento durante o curso onde aplicará os coñecementos adquiridos nas aulas de teoría e prácticas no desenvolvemento do seu proxecto.
O alumnado irá realizando en distintas fases os seus proxectos: deseño conceptual, deseño estrutural e desenvolvemento tecnolóxico.