Recoméndase que o alumno consulte periodicamente a plataforma moodle onde se colgarán avisos, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma. O alumno que o desexe poderá seguir un sistema de avaliación continua para o que terá que facer unha proba teórica liberatoria adiantada, entregar unha serie de exercicios a través da plataforma Moodle e asistir a un mínimo de actividades. De todo iso informarase o primeiro día de clase, colgarase a información en Moodle e seguirase a execución a través da mesma plataforma.
T odo escrito ou exposición oral terá que aterse aos usos e normas nesta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendido e en consecuencia avaliado. |