Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Formatos de televisión e novos medios | Código | 616G01019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nestas clases explicaranse os diferentes temas do programa, para o que se contará co apoio de presentacións power-point, vídeos e diversos materiais que faciliten a explicación dos asuntos abordados e que se empregan habitualmente nas televisións e produtoras audiovisuais |
Traballos tutelados | Ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar diferentes traballos en grupo e indviduais (segundo o cronograma da asignatura) que computarán na nota final. Os contidos destes traballos son os seguintes - análise dunha grella de programación. Localización de xéneros por canles - ideación dun formato - busca e análise de contidos tranmedia, crossmedia ou branded content |
Estudo de casos | Realizaranse os seguintes estudos de casos: - revisión de materiais de formatos informativos - revisión de materiais de formatos de entretemento - análise das tendencias de formatos a nivel internacional |
Presentación oral | É importante para a formación dos alumnos que se fagan coas técnicas de defensa de proxectos de maneira oral, polo que terán que facer unha presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado e dos traballos prácticos de programación |
Proba mixta | Un exame escrito no que o alumno terá que demostrar os coñecementos adquiridos |