Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Uso profesional do galego | Código | 616G01041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | O/a estudante deberá entregar un traballo colectivo (máximo, 3 estudantes por grupo), fixado polo profesorado no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e a colaboración entre o alumnado. |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Obradoiro | Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos). |
Presentación oral | Os/as alumnos/as deberán presentar oralmente o traballo colectivo. Nesta proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio. |
Proba mixta | Proba con exercicios de diferente tipo en que se avalían os coñecementos e as competencias adquiridas a través das sesións maxistrais e das aulas de obradoiro. |