Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Uso profesional do galego | Código | 616G01041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C4 | O profesorado encomendará un traballo tutelado, que será realizado de forma colaborativa por grupos de até 3 persoas. No traballo aplicaranse os coñecementos adquiridos sobre lingua galega a algún proxecto relacionado coa comunicación audiovisual. |
40 |
Obradoiro | A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 | Ao longo do cuadrimestre serán realizados diferentes exercicios prácticos na sesións presenciais. Serán avaliados a súa entrega, o uso adecuado dos recursos e metodoloxías suxeridas e a progresión no proceso de aprendizaxe. | 15 |
Presentación oral | A1 A12 B6 | Os/as alumnos/as terán que realizar unha presentación oral do traballo colectivo, orientada á demostración da súa competencia comunicativa. | 10 |
Proba mixta | A1 A7 B6 B8 C2 | Nesta proba o alumnado terá que realizar diferentes exercicios de corrección e produción de textos, para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas durante todo o cuadrimestre. | 35 |
Observacións avaliación | |||
O traballo tutelado, a presentación oral e a proba mixta teñen carácter obrigatorio. Para superar a materia será condición indispensábel obter unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10, tanto no traballo tutelado como na proba mixta. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final do traballo tutelado se este for entregado fóra de prazo sen causa xustificada. Considerarase non presentado na materia quen non entregar o traballo tutelado, non fixer a presentación oral e/ou non se presentar á proba mixta. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non superasen a materia terán que entregar o traballo tutelado só se este non foi entregado na convocatoria anterior ou se non obtivo unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10. No seu caso, o prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: traballo tutelado (60%) e proba mixta (40%). O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade. O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. Deberá entrar en contacto co profesor antes de acabar o mes de novembro. |