Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas | Código | 616G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Portafolios do alumno | Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función da tarefa desenvolvida e a entidade de destino, será tratado nas xuntanzas periódicas coa titora do centro. |
Simulación | · REQUERIMENTOS Estar matriculad@, ou en condicións de facelo, na materia de "Prácticas". · EMPRESAS COLABORADORAS Dende setembro de 2019 a febreiro de 2020 daranse a coñecer, polas vias establecidas pola Facultade, aquelas prazas de prácticas que ofertan as entidades colaboradoras. Ditas ofertas incorporarán toda aquela información que poida resultar de interese para o alumnado solicitante: entidade ofertante, perfil da oferta, período de execución, horario, tipo de xornada semanal, se existe algún tipo de remuneración, etc. Cada empresa pode determinar as súas condicións para a oferta de prácticas, sendo preciso desenvolver un mínimo de 150 horas para superar a materia. Como parte do programa de aprendizaxe e servizo da UDC as persoas interesadas poderán facer prácticas en entidades sen ánimo de lucro, coas que a Universidade ten convenio, desenvolvendo tarefas estreitamente vinculadas á comunicación audiovisual -no seu sentido máis amplo- e as competencias profesionais do Grao. Ditas entidades así como o perfil de prácticas que ofertan daranse a coñecer na xuntanza inicial, na que se explicará o funcionamento da materia Prácticas, e a través de Moodle. Á marxe destas ofertas, o estudante pode solicitar o desenvolvemento de prácticas en entidades coas que a Universidade non ten establecido convenios. Neste caso, unha vez valorada a idoneidade da empresa proposta pola Comisión con competencias na materia, procederase á xestión do Convenio de Cooperación Educativa para que o estudante poda desenvolver unha estadía de prácticas en dita entidade. · PROCESO DE SOLICITUDE E SELECCIÓN DE PRÁCTICAS. Cada oferta de prácticas levará incorporada una data límite de presentación de candidaturas. Rematado o prazo, inciarase o proceso de selección segundo estipule cada oferta de prácticas. · Selección pola Facultade. Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico, curriculum vitae é documentos acreditativos dos méritos alegados neste (diplomas de cursos, vida laboral, etc.) Sistema de selección: unha Comisión avaliará as candidaturas atendendo a criterios de excelencia académica. · Selección pola entidade concreta. Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico e curriculum vitae. Sistema de selección: preselección da Facultad coa fin de comprobar o cumprimetno dos requerimentos mínimos para as prácticas curriculares e selección por parte da entidade. Neste caso, será a empresa quen estipule o sistema de selección (a través do curriculum vitae, entrevista persoal cos candidatos, proba de selección, etc.), reservándose o dereito de convocar soamente a aqueles candidatos que se axusten ao perfil requerido. Con independencia do sistema de selección darase preferencia ao alumnado que non teña efectuado outras prácticas xestionadas por la Universidade, salvo que éstas no tiveran a duración precisa para o recoñecemento da materia. · ADXUDICACIÓN DE PRÁCTICAS. Unha vez rematado o proceso de selección, comunicarase ao candidato/a a súa condición de beneficiario de ditas prácticas sendo excluído automáticamente doutros procesos de selección en marcha. Despois de comunicar a adxudicación, procederase á xestión de toda a documentación precisa para as prácticas. Asemade, aqueles estudantes que non estean maticulados na materia deberán formalizala e presentar un documento xustificativo antes do comezo das prácticas. As prazas que queden desertas voltarán a ser ofertadas entre o alumnado matriculado e adxudicadas en función das súas preferencias. @s alumn@s matriculad@s que non cheguen a ser beneficiarios dunha estadía de prácticas, terán ata febreiro de 2020 para efectuar unha solicitude de cambio de matricula para outra materia optativa. · RECOÑECEMENTO O alumnado que durante o verán de 2019 efectuou una estadía de prácticas grazas a Convenios de Cooperación Educativa entre a Universidade da Coruña (a nome da Facultade de Ciencias da Comunicación)-Entidade poderán solicitar o recoñecemento de dito período como prácticas curriculares equivalentes á materia"Prácticas". Para elo deben cumprirse los siguientes requerimentos: · Que o/a estudante teña efectuado a matrícula na materia "Prácticas". · Que a estadía de prácticas teña sido igual ou superior a 150h. · Que o/ a alumno/a teña unha valoración positiva das prácticas por parte do titor da entidade. · Que o/a alumno/a entregue en tempo e forma o correspondente portafolio, cuxa orientación e valoración correrá a cargo da titora do centro. En calquera caso será a Comisión correspondente quen determine se, finalmente, terá lugar o recoñemento de ditas prácticas extracurriculares como curriculares. |