Traballos tutelados |
Os alumnos/as, de xeito individual ou agrupados en parellas, elaborarán nas sesións prácticas traballos de investigación, análise e debate de cada unha das realidades explicadas nas clases expositivas, traballos que serán entregados ao final da sesión.
A maiores, en grupos configurados durante a primeira semana de docencia (invariables ata o final da materia), o alumnado elaborará un traballo final consistente na investigación e ampliación de coñecementos sobre a historia dos videoxogos en Galicia, tomando como referencia un estudo ou profesional concreto.
Finalmente, na última clase práctica cada grupo exporá os resultados do traballo elaborado. |
Proba de resposta múltiple |
O alumnado realizará, con carácter obrigatorio, un exame tipo test sobre os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas e prácticas da materia. |