A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada
dos traballos tutelados e das probas obxectivas. Cada unha das tres partes que
conformarn a calificación (traballo individual, traballo en grupo e proba
obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha
calificación mínima de 3 puntos en cada unha delas para poder superar a
asignatura.
A asistencia e participación nas clases presenciais é precisa para
ser avaliado. O traballo non presencial é valorado a través dos traballos tutelados
segundo as porcentaxes descritas anteriormente.
A proba obxectiva consiste en preguntas e en análises
concretas de textos, obras ou fragmentos arquitectónicos que permitan valorar a
comprensión dos aspectos particulares do temario e posibiliten verificar a
asimilación dos contidos da asignatura e a axeitada personalización da
cualificación. Os trabllos tutelados son uns exercicios prácticos de elaboración
personal e/ou grupal que desenvolven aspectos particulares e fundamentais do
temario; na súa cualificación valorarase especialemtne a ideación gráfica e a
capacidade analítica do alumnado.
Para poder ser avaliado na primeira oportunidade (xaneiro) o
estudante deberá cumplir a totalidade dos seguintes requisitos:
1. Asistir como mínimo ó 80% das clases presenciais.
2. Entregar como mínimo o 80% dos traballos individuais nas datas
indicadas.
3. Entregar o traballo de grupo na data sinalada.
4. Realizar a proba obxectiva sin deixar de contestar ningunha
das preguntas plantexadas.
No caso de non cumplir algún dos tres primeros puntos o alumno
obterá “Non presentado” na convocatoria (oportunidades de xaneiro e xullo).
Se o estudante non se presentara á proba obxectiva, tendo cumprido o
resto dos requisitos, obterá “Non presentado” na oportunidade de Xaneiro
Se o estudante non aproba na primeira oportunidade e sempre que teña cumpridos os puntos 1, 2 y 3, é posible reelaborar ou completar prácticas individuais para mellorar esa calificación parcial para a segunda oportunidade.
Na segunda oportunidade (xullo), repetirase
únicamente a proba obxectiva, coas mesmas condicións que na primeira
oportunidade, á que só se poderán presentar aqueles estudantes que:
1. Ou ben teñan cumprido os catro requisitos sinalados anteriormente e non teñan acadado a
puntuación suficiente para aprobar.
2. Ou ben
teñan cumprido os tres primeiros pero non se teñan presentado á proba obxectiva
na primeira oportunidade.
Aqueles estudantes que se incorporen co curso xa comenzado:
1. Terán que asistir a un mínimo dun 90% das clases presenciais restantes dende
a súa incorporación
2. Terán que entregar en tempo as prácticas que se realicen a partires da súa
incorporación
3. As prácticas con data previa á súa incorporación terán que ser entregadas
no momento que lles indique o seu profesor .
O resto de normas que non entren en contradición coas anteriores seranlles de
aplicación igual que ó resto de estudantes.
Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.
Os
estudantes repetidores que nun curso anterior teñan cumprido o requisito
de presencialidade quedan exentos de cumplilo nos cursos seguintes.
Os estudantes repetidores que
nun curso anterior teñan as prácticas individuais aprobadas quedan exentos de voltar a
facelas nos cursos seguintes.
Os
estudantes repetidores que nun curso anterior teñan a práctica grupal aprobada quedan exentos de voltar a facela nos cursos seguintes.