Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos 2 | Código | 630G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación dos obxectivos, contidos e metodoloxías da materia. Introdución sobre o lugar no que se vai traballar, expoñendo os proxectos que se desenvolverán nel ao longo do cuadrimestre. |
Sesión maxistral | Exposición oral, con apoio multimedia, dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de trasladar coñecementos, fomentar o seu desenvolvemento e facilitar ao alumno a elaboración do traballo específico do Obradoiro. Estimulando a súa aprendizaxe autónoma. |
Proba obxectiva | Desenvolvemento na aula dunha práctica que demostre de forma sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados no desenvolvemento dos exercicios de curso. Esta proba poderá incluír preguntas sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais. |
Discusión dirixida | Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor. |
Saídas de campo | Visita ao lugar onde se desenvolverán os traballos do cuadrimestre. O obxectivo é a observación directa e sistemática do lugar, recollendo información, toma de datos, bosquexos, análise, etc. |
Obradoiro | O Obradoiro é a modalidade formativa básica da materia. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversos métodos (prácticas individuais e en grupo, exposición dos traballos, debates e comentarios, así como a docencia individualizada). A través do obradoiro, o alumnado desenvolverá os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado. Aprendizaxe colaborativa: A clase organízase en pequenos grupos, onde os alumnos co profesor traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas. Desta forma procúrase reunir e compartir a máxima información posible (toma de datos e medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, análise da parcela, procura de exemplos, construción da maqueta xeral do emprazamento, etc.). O obxectivo é optimizar a aprendizaxe. Realizaranse exposicións orais complementarias sobre os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver as prácticas do obradoiro. Os resultados do Obradoiro, colectivos e individuais, formarán parte do Portafolio do alumno. |
Análise de fontes documentais | Constitúe a recompilación e proceso de datos que o alumno elaborou a partir das sesións teóricas e das consultas en bibliotecas e outros arquivos. Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |
Lecturas | Lectura crítica da bibliografía facilitada e da complementaria seleccionada polo alumno. Resumos e anotacións do lido sintetizando os contidos fundamentais e as principais ideas. Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |
Esquemas | Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados coas reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos. Vinculados aos lugares de traballo e ao desenvolvemento da cada un dos exercicios propostos. Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |