Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Física para a Arquitectura 2 | Código | 630G02013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación sobre a materia, explicando o seu funcionamento e obxectivos. |
Sesión maxistral | Clases nas que o profesorado exporá no taboleiro ou con medios audiovisuais parte dos contidos teórico prácticos da materia e/ou resolverá dudas das lecturas realizadas polo alumnado. |
Solución de problemas | Plantearanse, na clase, unha serie de casos prácticos que o alumnado resolverá, de forma parcial ou total, coa axuda e consello do profesorado. |
Esquemas | Breves introducións en cada tema tratan de relacionar os contidos dentro do mapa de coñecementos da materia na carreira a modo de esquema |
Glosario | O alumnado elabora unha folla resumen con definicións, formulación e unidades físicas relacionadas con cada un dos temas da materia. |
Lecturas | O alumnado selecciona e analiza exercicios e/ou teoría sobre a materia na bibliografía básica e complementaria, ou nos materiais facilitados polo profesorado. |
Traballos tutelados | O alumnado entregará problemas resoltos de cada un dos temas da materia, han de ser realizados de forma individualizada e personalizada, en papel formato A4 manuscrito. Servirán, xunto co cumprimento dos requisitos de asistencia, para poder acceder á nota complementaria da materia. |
Proba mixta | Resolución na aula, de forma individualizada, de cuestións teóricas ou prácticas propostas polo profesorado ao longo do curso. |
Proba de resposta múltiple | Un test de resposta múltiple servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos teórico prácticos da materia. |
Proba obxectiva | Exporanse problemas numéricos e gráficos sobre os contidos da materia, a bibliografía e materiais de apoio. Servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos prácticos da materia |