Traballos tutelados |
O alumnado realizará un traballo grupal relacionado con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado. Os pasos a seguir son: asignación do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva combinará distintos tipos de preguntas: unha análise e comentario de varias obras de arte (práctica) e o desenvolvemento de varios temas da asignatura (teórica 1 + teórica 2).
Para superar o exame o alumnado deberá alcanzar un mínimo de 3 puntos en cada unha das preguntas: práctica (mín. 3) + teórica 1 (mín. 3) + teórica 2 (mín. 3), nas que se divida o exame. |