Traballos tutelados |
Practica semestral que se expón a principio do semestre e desagrégase en varios apartados, cada un dos cales constitúe un bloque de aplicación dos contidos impartidos nas sesións maxistrais. Esta práctica realízase en grupo, polo que supón un traballo colaborativo e de toma de decisións compartidas.
Dentro de cada un dos apartados constituíntes da práctica tutorada, o alumno realiza de forma individual un traballo de investigacion relativo ao tema tratado no devandito bloque.
Contémplase o seguimento en forma de tutoria individualizada do traballo do alumno dentro do traballo tutorado, tanto no seu desenvolvemento presencial como non presencial. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba obxectiva |
Proba teórico/práctica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, co trazo distintivo da posibilidade de determinar se o alumno alcanzou o nivel esperado de aprendizaxe. Constituirá un instrumento de medida, articulado rigorosamente, que permita avaliar capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Actividades iniciais |
Exposición inicial dos obxectivos que se queren alcanzar ao longo do semestre vinculados co programa formativo da materia. Exposición das metodoloxías a empregar e proposta de traballos a desenvolver. |