|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A2 |
Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T) |
| A3 |
Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial. |
| A4 |
Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual. |
| A17 |
Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas. |
| A19 |
Aptitude para conservar a obra rematada |
| A20 |
Aptitude para valorar as obras. |
| A34 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T) |
| A35 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T) |
| A36 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de dirección de obras. (T) |
| A37 |
Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T) |
| A39 |
Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T) |
| A40 |
Capacidade para exercer a crítica arquitectónica. |
| A41 |
Aptitude para resolver o acondicionamento ambiental pasivo, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural. (T) |
| A44 |
Capacidade para redactar proxectos de obra civil. (T) |
| A45 |
Capacidade para deseñar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización, xardinería e paisaxe. (T) |
| A46 |
Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas. |
| A47 |
Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T) |
| A51 |
Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda. |
| A52 |
Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais. |
| A53 |
Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
| A54 |
Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas. |
| A55 |
Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto. |
| A57 |
Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas. |
| A58 |
Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana. |
| A59 |
Coñecemento dos mecanismos de redacción e xestión dos planos urbanísticos a calquera escala. |
| A67 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Proxectos no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
| A69 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Urbanismo no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
| B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
| B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
| B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
| B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado |
| B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
| B6 |
Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta |
| B7 |
Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica |
| B8 |
Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación |
| C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
| C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida |
| C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
| C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
| C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
| C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida |
| C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |