Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A17 A18 A28 A29 A33 A35 A36 A40 A44 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A63 A70 A71 A72 B1 B2 B3 B4 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 É unha sesión na que o estudantado convocado demostrará a adquisición das capacidades e coñecementos propios da materia mediante unha proba teórico-práctica. 34
Traballos tutelados A12 A13 A14 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A29 A34 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A61 A63 A70 A71 A72 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 O obxectivo da materia é capacitar ao estudantado na análise de casos de estudo de Habitabilidade Básica.
Todo esto é formalizado nun Traballo Tutelado, orixinal e inédito, que haberá de realizarse ao longo do período docente acompasándose ós coñecementos teóricos impartidos polo profesorado. Resultará nun documento final, realizado con metodoloxía científica que se manifestará coas estratexias comunicativas propias dos profesionais da arquitectura.
A realización do Traballo Tutelado inclúe a xestión da información necesaria para a súa execución e a súa exposición e defensa nas sesións de traballo do curso.
66
 
Observacións avaliación



Asistencia mínima. A
asistencia e obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o
curso. Sen este requisito o alumnado non poderá aprobar por curso a materia.


Matrícula tardía. As
persoas matriculadas con posterioridade ao inicio do curso académico deberán
asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a
posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data.



Avaliación. Para
superar a materia o alumnado dispoñerá de dúas oportunidades: xuño e xullo. Na primeira
oportunidade o alumnado será avaliado polos resultados producidos no seu traballo
tutelado.



Non entregar o
traballo tutelado no momento da primeira oportunidade de avaliación implica
unha cualificación de "Non Presentado".



Quen non superase
esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá
nunha proba obxectiva de tipo teórico-práctica no mes de xullo, segundo o
calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade o alumnado
deberá entregar o Traballo Tutelado, axeitadamente titorizado polo profesorado,
no momento de realización da proba.