Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión avanzada do saneamento | Código | 632514038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os profesores exporán en clase todos os temas, apoiándose en presentacións gráficas. A asistencia do alumno formará parte da avaliación. |
Saídas de campo | Os profesores concertarán visitas de carácter técnico para coñecer sistemas de saneamento integral. |
Traballos tutelados | O alumno realizará polo menos 1 traballo tutelado consistente nunha solución técnica de deseño mediante o uso de folla de cálculo. Se algún dos alumnos desexa que o traballo de curso sexa útil para o seu proxecto final de carreira os profesores realizarán un especial apoio e seguimento do mesmo. De maneira alternativa poderase realizar un traballo de investigación (experimental ou teórica). |
Proba de resposta breve | Os profesores elaborarán e entregarán aos alumnos unha listaxe de preguntas de solución con respostas breves. O día do exame, desa listaxe sortearanse as preguntas que os alumnos deberá contestar nun tempo aproximado de 1 hora. As preguntas poden implicar respostas teóricas e/ou de cálculo, así como debuxar un equipo ou pór nomes a elementos dun sistema de tratamento, etc. |